Non, non lle van regalar 3 millons € o papa, xa sería o colmo.
Mais a Xunta de Galiza decidiu baixar e 4 a 3 millons o gasto para a visita do papa a Compostela programada para novembro.
Acaso 3 millons son pouca cousa? 3 millons para gastos de protocolo, gastos de TV, seguridade e toda esa parafernalia que un home "da categoría do papa" necesita.
3 millons de euros!!
Parece que a Xunta anda sobrada, parece que Feijoo se olvida do "plan ed austeridade" do que tanto fala.
Mentras tanto, as axudas ó fomento de emprego son escasas ( algunhas axudas a grandes empresas, sen garantizar a creación de novos postos de traballo, quen se queda con este diñeiro?) , as axudas as persoas sen traballo - que siguen a medrar - son nulas, agas eses 420€ dos que presume Zapatero... alguen se cre que con 420€ se pode comer e vivir todo o mes? Non nos olvidemos que a partir de este mes van por restriccións e vai haber moitas persoas que se queden sen esa miserable limosna.
Que van fazer todas esas persoas que o único que queren é ter unha vidda digna?
Persoas con soños.. e dereitos, polo menos na teoría, parece que a realidade é moito máis dura.
Pero 3 millons para a visita dun home no ano Xacobeo, parece non ter importancia.
Nós teremos que comer "pan e galletas" todo o mes, mais a eses políticos do parlamentiño galego non lles importa.
Moitos/as de nós podemos ter fillos que manter ou ser xovens con ganas de vivir ou de construir un futuro..
Pero nada de iso importa.
O único importante é gastar-se 3 millons de euros para que todo esté a gusto da súa santidade.
Non está todo perdido para nós (man de obra sobrante, que é o único que somos). Podemos unirnos, podemos loitar, podemos reclamar os nosos dereitos.
Só na cidade de Vigo hai máis dde 25.000 desempregados/as, e a unión fai a forza!!
Botémo-nos a rúa!!
Os ricos, empresarios e especuladores crearon esta situación, eles son quenes deben cargar coas consecuencias.
Mais iso só pode ser coa nosa presión, con 25.000 persoas reclamando os noso dereito a vivir...
25.000 persoas unidas!!
25.000 persoas loitando polos nosos seres queridos!!
25.000 persoas loitando pola nosa dignidade!!
jueves, 2 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)