A utilización dos expedientes de regulación de emprego (ERE) de redución de xornada disparouse desde que entrou en vigor a reforma laboral, segundo informou onte o Ministerio de Traballo, que cifra no 127,4% o incremento deste tipo de procedementos durante os sete meses de aplicación da reforma (de xullo do 2010 a xaneiro do 2011). No devandito prazo aprobáronse 2.701 ERE de redución de xornada. No que respecta ao número de traballadores afectados, coa reforma laboral multiplicouse case por catro, xa que nestes últimos sete meses chegou aos 37.961 desde os 9.696 que se contabilizaron na mesma pinza de tempo do ano previo.(Publicado na voz de Galicia).
O balance de ASIME(patronal do metal) desde o 2008 é de 12.000 empregos perdidos. Segun esta mesma fonte , a industría do metal vai camiho do centenar de ERE's.
Ao naval os bancos e caixas non se lle dan crédito, debido a gran avaricia de estes (os responsabeis de caer nesta situación) para producir os poucos pedidos que inda tenhen.
Rodman Polyships prepara un ERE definitivo para 120 obreiras/os de unha plantilla de 270.
O problema de todo isto é que a crise non rematou, esta crise aumentará debido o recente anuncio do BCE de subir os tipos de interes; medida esta que afectará os estados máis febles, ahi vemos o caso de Portugal.
Asi, a crise se agrabará, e despois dos ERE's viran os DESPIDOS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario