O dia 21 de Abril constituiu-se a Asamblea de Parados de Vigo "ASPA". Nesa asamblea chegamos a conclusión que o ano 2010 vai ser malo, mais o 2011 vai ser moito peor. E preciso que saibamos o que se nos ven enriba, porque polo de agora ainda estamos a medio camiño da verdadeira crise. Ademais dos dereitos que a clase traballadora vai perder coa Reforma Laboral que levaran a cabo o goberno español e a CEOE. Acordamos esixir que ningunha empresa faga horas EXTRA, mentres exista un so traballador/a sen emprego. E incluso, pedimos reduccion da xornada para eliminar o paro.
REIVINDICAMOS:
*Prestación por desemprego indefinidamente para todos/as @s parad@s, que teñan cotizados mais de 2 anos.
*Os cursos de formación que sexan pagados co salario mínimo interprofesional (633€ mensuais).
*Paralización das hipotecas durante o periodo que estamos desempregad@s. A si mismo, quedar exento dos impostos municipais (lixo, contribucion, etc).
*Vales desconto do 50% para mercar alimentos.
*Pases gratuitos para o transporte publico.
*Preferencia nas becas e axudas sociais de todo tipo para os nosos fillos e fillas.
*Solucions de vivenda a familias e xuventude.
Todos/as xuntos podemos conquerir estas reivindicacions. O movemento de parados/as de Vigo xa e imparable, e como unha soa voz gritando. "TRABALLO PARA TODOS/AS, NON AS HORAS EXTRAS"
No hay comentarios:
Publicar un comentario