lunes, 18 de julio de 2011
Pausa indefinida
Como administrador da actividade de este blog, vexo-me na obriga de comunicar, que: ante a minha recente emigración e a falta de outra persoa que se faga cargo, este blog deixará de actualizar-se de forma indefinida.
Mais, espero que a luita de classe, a luita das/os trabalhadoras/es, a luita das/os trabalhadoras/es desemprergadas/os, que a luita de todas e todos as/os explotadoas/os de este nosa querida Patria Galega, siga adiante con forza e con estratexias acertadas cara a vitoria!! A crise mundial inda non deu os seus peores golpes, a situación vai ser moi dura nos próximos anos e a resposta tamen ten que ser contundente pola nosa parte.
A luita e o noso caminho!!!
lunes, 16 de mayo de 2011
lunes, 2 de mayo de 2011
A ideoloxía da auto-inculpación.
martes, 12 de abril de 2011
Desempregado de Vigo amenazado pola policia
As palabras da policia forom: O trabajas para nosotros o te jodemos la vida"
O amenazarom com fotos xunto a un sindicalista preso e amenazáro-no con inculpalo xunto a este con huellas falsas. Ademais de desacredita-lo no seu entorno político.
Esta é a democracia capitalista. Ou loitamos por umha democracia popular e para o povo trabalhador; ou este sistema nos destruirá coa súa miseria ou coa súa represión. Non hai alternativa.
A loita e a auto-organización das clases trabalhadoras é o único caminho.
Ate a vitoria sempre!!
viernes, 8 de abril de 2011
PARO
viernes, 1 de abril de 2011
Reforma laboral, ERE's, crisis...
O balance de ASIME(patronal do metal) desde o 2008 é de 12.000 empregos perdidos. Segun esta mesma fonte , a industría do metal vai camiho do centenar de ERE's.
Ao naval os bancos e caixas non se lle dan crédito, debido a gran avaricia de estes (os responsabeis de caer nesta situación) para producir os poucos pedidos que inda tenhen.
Rodman Polyships prepara un ERE definitivo para 120 obreiras/os de unha plantilla de 270.
O problema de todo isto é que a crise non rematou, esta crise aumentará debido o recente anuncio do BCE de subir os tipos de interes; medida esta que afectará os estados máis febles, ahi vemos o caso de Portugal.
Asi, a crise se agrabará, e despois dos ERE's viran os DESPIDOS.
miércoles, 30 de marzo de 2011
Coa reforma laboral, os eres aumentaron en 127%
Coa reforma laboral, redución de tempo eres aumentaron en 127%
A Bancarrota de Alfageme
Traballadoras/es da conserveira Alfageme reclaman a implicación da Xunta cunha protesta en Vigo
A protesta, na que participaron máis de 150 persoas, desenvolveuse por espazo dunha hora diante da delegación da Xunta en Vigo. Durante a mesma puidéronse escoitar consignas como “Alfageme solución”, “Queremos traballar e non mendigar” ou “Xunta e PP a mesma merda é”. Os concentrados/as despregaron no lugar varias faixas nas que se reclamaba unha solución ao conflito e se denunciaba o papel da familia Lago, propietaria da empresa, e da Administración galega na súa xestión.
A secretaria comarcal da FGAMT-CIG do Salnés, Rosa Abuín, explicou que a xuntanza mantida onte co director do Igape non serviu para atopar unha saída á problemática derivada da suspensión de pagos e criticou que o representante público non ofrecese os detalles das ofertas de compra existentes até o de agora. “Recoñeceu que existen dúas propostas enriba da mesa pero non quixo falar de cantidades”, explicou, ao tempo que adiantou que se comprometeu a darnos unha resposta “nun par de días”. Abuín reiterou que a aposta da CIG e do comité de empresa pasa por apoiar a oferta que garanta o mantemento da maior cantidade de postos de traballo e instou á Xunta de Galiza a implicarse “dunha vez por todas e con seriedade” no proceso. “Non poden darlles un aval de 44 millóns de euros dos fondos públicos e non facer nada; esta situación pódese resolver se existe vontade política”, rematou.
Pola súa banda, o secretario nacional da FGAMT-CIG lembrou que dende que se iniciou o concurso de acredores “non tivemos ningunha xuntanza coa Administración a pesar de tela solicitado en numerosas ocasións”. Xosé Fernández Piñeiro fixo fincapé en que polo momento se descoñecen os detalles das posíbeis ofertas de compra que o conselleiro de Industria, quen ía a liderar o proceso despois de que se aprobase no Parlamento unha moción nese sentido, “dixo nos medios de comunicación que se tiñan producido”.
A mobilización de hoxe convocouse precisamente para reclamar información oficial, xa que de xeito oficioso os arredor de 350 afectados/as saben que o Consorcio Conservero Español, con sede en Cantabria, volveu realizar unha oferta polas plantas de Vilaxoán e Ribadumia “na que se comprometen a manter o emprego e a actividade industrial”, aínda que se descoñecen os detalles da proposta. Neste senso, dende a CIG anuncian que as mobilizacións continuarán até que a Xunta de Galiza ofreza datos sobre as xestións que está a realizar e os contactos que mantén cos posíbeis compradores. “Do contrario, o PP terá unha comitiva de Alfageme acompañando os seus candidatos nos mitins electorais”.
A central nacionalista e o comité de empresa apostan tamén por que se apoien os plans industriais que permitan manter os 140-150 postos de traballo existentes nos centros de Vilaxoán e Ribadumia, “o que tamén permitiría que as persoas de Vigo que solicitaron a rescisión de contratos poidan cobrar as indemnizacións íntegras”. Neste punto, Piñeiro explicou que presentarán un recurso para que os traballadores/as que “desoíndo as recomendacións da CIG” non pediron no seu día a rescisión de contrato poidan cobrar 45 días por ano traballado “e non os 20 que lles concederon na actualidade”.
Cartos públicos
O secretario nacional da FGAMT-CIG indicou que o conflito de Alfageme insírese nunha problemática que supera o eido estritamente laboral, “tendo en conta que a Administración galega pasará a ser a maior acredora da empresa xa que lle concedeu, a través do Igape, un aval de 44 millóns de euros que os bancos van executar”. Ao seu xuízo, esta xestión irresponsábel terá repercusións negativas para o conxunto da cidadanía galega, tendo en conta que os avais foron concedidos con fondos públicos.
En canto ao proceso concursal, Piñeiro explicou que se atopa en fase de liquidación, tal e como o xuíz decretou o pasado 8 de marzo. “Agora os administradores teñen 15 días para presentar o seu informe de liquidación”.
A CIG chama á cidadanía a participar na manifestación de Vigo en defensa do sector naval e do emprego
Represión sindical en Citroën
Tres afliados a Confederación foron despedidos no último mes.
A direccion de Citroen en menos dun mes despediu a tres afiliados da CGT. Demasiada coincidencia, como para creer que é froito da casualidade.
O día 25 de novembro, produciuse o primeiro despido dun compañeiro da CGT, a empresa argumentou que o sancionou por absentismo continuado. En realidade trátase de baixas por enfermidade sempre xustificadas.
Os días 17 e 20 de decembro, a empresa despediu a dous traballadores máis afiliados tamén a CGT pola súa actividade sindical.
Estaba claro que, mais aló dos motivos legais esgrimidos para levar a cabo estes despedimentos, o que a Dirección buscaba era “concienciar” a toda a CGT, do único xeito que sabe facelo: represión e despidos.
O que en realidade aconteu é que nas derradeiras eleccións sindicais a CGT gañou un laudo que establecia que todo o proceso electoral tiña tal cantidade de vicios graves que debia ser anulado na súa totalidade. Daquela e ante a posible paralización do proceso electoral, a dous días da votación, a empresa ofertou á CGT unha mellora nas suas relacións coa empresa, a cambio de renunciar á execución do laudo. A CGT dixo que NON. É precisamente por ter dito NON agora a empresa despide a tres compañeiros da CGT.
A EMPRESA trata de coidar a sua imaxe cara o exterior, transformándose dentro da fábrica represaliando a tod@s aqueles que loitan por unhas condicións de traballo mellores. O desafío dunha Sección Sindical sen tan sequera representación, non soamente fai tambalear a transparencia do proceso de eleccións sindicais nesta empresa, se non, que ainda por riba foi quen de dicirlle que NON a sua oferta nun “cambio” nas relacións coa CGT.
A Sección Sindical e a totalidade do Sindicato, vai loitar con todas as súas forzas contra este ataque non só polos compañeir@s despedidos se non pola liberdade sindical de tod@s @s traballadoras/es desta empresa.
CGT
A culpa non é das/os migrantes
Trataré de ser didáctico y telegráfico y os hablaré, queridos vecinos, colegas de bar, amatxus... de otras cosas que nos debieran preocupar infinitamente más que si “los emigrantes desperdician y se aprovechan de las ayudas sociales” y que sí son parte implicada de la crisis galopante que asola a la clase obrera y las capas populares:
-Según encuesta del CIS de diciembre de 2010, sólo el 1% de los españoles considera que la Administración de Justicia “funciona satisfactoriamente”. Sin embargo, aún de hacerlo mal o muy mal para la gran mayoría de ciudadanos, los ex de justicia (y son muchos) reciben unas indemnizaciones en 2011 de 3 millones de € por su trabajo pasado y 1.3 millones más para la “renovación del Tribunal de Cuentas”. Eso en las notas de mis tiempos era muy deficiente, suspenso y castigo. Ahora son indemnizaciones.
-A tanto votante del PSOE que me lo dice: Felipe González, el que “pudo haber volado la cúpula de ETA” y que ningún juez llama a declarar como imputado en la guerra sucia, ficha como consejero de empresas privadas. Sueldo: 126.500 € en Gas Natural. 80.000 € por su condición de expresidente. 62.548 € por indemnizaciones...
-Para los del PP: José María Aznar. Sueldo: Cientos de miles de € (no declarados públicamente) anuales como consejero de varias multinacionales especulativas, energéticas y sionistas. 445.000 € por su empresa familiar Famaztella. 80.000 € por expresidente...
-A los que estando en paro echan la culpa a la inmigración: El 75% de los despidos que se produjeron en España en 2010, se hicieron por la modalidad “despido exprés”, o sea, sin alegar justificación.
-A los chavalitos “racistas”: El paro de los menores de 30 años subió del 13% en 2007, al 39% en 2010.
-A tanto votante jeltzale: La prorroga del estado de alarma en el Congreso la respaldó el PNV. Aviso de militarización y asaltos armados a los trabajadores vascos.
-El día 13 de Marzo de 2011, vi en directo por Intereconomía TV una clara apología del genocidio al retransmitir hasta con locutor incluido la misa fascista dominical en el Valle de los Caídos. Por cierto, estas misas son posibles tras la reapertura, con un gasto público de 100.000 euros, del palio metálico para llegar a la tumba de Franco. En dicha misa se criminalizó a los “antisistema de izquierdas”. Pero la Ley de Partidos encarceladora se aplica en la misma fecha a Batasuna y PCE(r) o a Gestoras proamnistía y AFAPP, o a Askapena y SRI... Solamente. Franco dejó “todo atado y bien atado”.
-Coincidiendo con las movilizaciones populares en defensa de la escuela en mi barrio gasteiztarra, Alde Zaharra, leo en la misma fecha que el Tribual Constitucional niega por Ley el derecho a educar a los hijos en el propio hogar, con que se quedan discriminadas las 1.500 familias que se acogen a esta enseñanza por motivos pedagógicos. Mientras tanto, la Iglesia posee el mando de la educación en todo el Estado español. Religiosa, acientífica, clasista, dictatorial...
-En pocos días han pescado a numerosos miembros de los Cuerpos de Seguridad del Estado en asuntos de alto narcotráfico, pederastia, prostitución, atracos... como (por poner un solo ejemplo reciente) a los 4 G.C. y un jefe antidroga, detenidos en Málaga con 1.400 kg de mandanga. En libertad con cargos y sin fianza. Y aún hay que oír en el ascensor que “la culpa de la droga la tienen los moros que viven en el 7º”.
-Obama ha aumentado en 661.000 millones de $ los gastos militares de EEUU, el 43% de todo el presupuesto militar mundial. Pero el “terror” para el coleguilla del bar son los rumanos que asaltan chalés en urbanizaciones.
-Mientras en España y Francia hay 1.000 presos políticos dispersados, algunos condenados de por vida; más de 2.000 exiliados por el conflicto actual, brutales torturas y violaciones en los cuartelillos... y jamás se habla de ello sino para insultar a los luchadores, en los análisis de los “politólogos internacionales” del ABC, El Mundo, El País, El Correo, Público, etc, etc, de misma fecha se denomina la “última dictadura de Europa” a Bielorrusia, porque, sujétense los pantalones para no mearse de risa encima, según sus sesudos análisis, “el 12.1% de los ciudadanos bielorrusos se declararon contrarios al dictador Lukashenko”. Y se quedan tan largos. Y la del supermercado me decía mientras me cobraba que “al menos en España hay democracia”. Una bien informada, por los medios de control de la información anteriores, por supuesto.
-Los millones y millones de € malgastados para el elitista y destructor AVE-TAV, que tantísimo daño está haciendo en Euskal Herria actualmente. Pues bien, ya hay datos reales sobre su “imprescindible vialidad” con cifras no especulativas en la mano. El AVE Madrid-Valencia ha costado 12.000 millones de €. Resulta que el viaje en AVE de Madrid a Valencia y vuelta para una familia de 4 personas sale a 512 €. Un 40, 63 y 85% más barato sale ese mismo viaje en tren convencional, autobús o coche respectivamente. O sea, ya con datos científicos y no de propaganda, el AVE solo gana viajeros de los que lo hacían en avión y sólo un 5% de los que lo hacen en autobús. O sea, el AVE, nido de ejecutivos, políticos y negociantes. Sólo el 19% de los viajeros lo hicieron por ocio o urgencias. Más datos, que creo merecen la pena. De Madrid a Cuenca, el viaje cuesta para una persona 38.40€, para hacer los 183 km. en una hora. De Madrid a Valladolid, 35.40€, para 179 km. en 60 minutos. En Guadalajara, las paradas del AVE son super deficitarias e innacesibles. Mientras tanto cientos de pueblos de las antiguas paradas de tren, ahora están canceladas. Y decenas de miles de personas sin acceso a transporte público alguno. Pero varios familiares de políticos se hicieron multimillonarios a costa de vender los terrenos. Y los de la inmobiliaria echan pestes porque en su persiana han puesto una pintada contra el TAV.
-Pudiera poner decenas de ejemplos más, pero esto es una carta, no un ensayo de denuncia.
Así que, queridos aitatxos, vecinas, amiguetes, la próxima “conversación de bar o ascensor”, que gire en torno a alguno de los otros problemas citados, porque además, no tenéis ni idea real de la situación de las ayudas sociales. Solo os doy datos para comparar y cabrearse, pero no precisamente con los criminalizados emigrantes. Gracias.
-Hogares perceptores de la Ayuda Social en toda la C.A.V., 88.000. Número de inmigrantes perceptores: el 20% de esos casi noventa mil.
-La consejera vasca Gemma Zabaleta ya nos vendió la intención de retirar la Renta de Garantía de Ingresos a 6.262 familias “para ahorrar 4.3 millones de €”. Muchísimos eran inmigrantes. Lo que luego salió en páginas menores y ya aguachinadas es que había tantos “incumplimientos” por pecados tan graves como “no estar inscrito en el INEM”. Aunque ya lo dice un amigo mío con mucha “experiencia”, que encontrar trabajo a través del INEM es como acertar un pleno al 15 quinielístico con equipos de fútbol canadienses.
-Tras decenas de inspecciones, los timos comprobados, fraudes, engaños para cobrar la Renta Básica, son el 1.24% del total de perceptores en una ciudad que nos viene de perlas al ejemplo: Gasteiz.
-La anulación de ayudas, bastante frecuentes (por supuesto no por fraude), el incremento desorbitado del paro y el problema de la hipoteca ahogante ha “desbordado totalmente a Cáritas”, que según ellos mismos “han tenido que cuadriplicar las ayudas desde 2007”. Muchas de esas familias son inmigrantes.
¿Dónde están los emigrantes que nos vienen a quitar las ayudas y el trabajo?
Asinado:militante basco
miércoles, 23 de marzo de 2011
NON A GUERRA
Ademais, os sindicatos maioritarios, mellor dito, os seus líderes, deron o seu apoio a intervención militar en nome das clases traballadoras.
CCOO e UGT apoian a resolución da ONU sobre Libia.
O voceiro do BNG, Francisco Jorquera criticou a medida da ONU porque "vai máis alá da adopción de medidas para asegurar a protección da poboación civil e autoriza unha intervención militar en toda regla”. E criticou o "doble raseiro que practican os integrantes da coalición” e criticou a “doble vara de medir” porque “mentras se opta por unha intervención directa en Libia, xustifícase a intervención de Arabia Saudí en Bahrein para reprimir aos opositores civís” e “se mira para outro lado cando se masacra ao pobo saharaui ou ao pobo palestino”.
“Só contribúen a empiorar os problemas, acentúan a destrución" e puxo como exemplo ao Iraque e Afganistán. Por iso, aconselloulle a Zapatero que “non faga tanto caso a Alemañan en políticas económicas e imítea en política exterior en lugar de xogar a ser aluno aplicado do Señor Obama”.
Ao finalizar a sesión varias persoas do público foron desaloxadas por berrar "Non á Guerra". Todos eles eran membros da plataforma "No a la Guerra".
Non a Guerra
miércoles, 16 de marzo de 2011
ERE's
- Treves, ax. textil de PSA: ERE rotativo de 155 días nos próximos dous anos
- Alymosa, ax de Viza que é ax. de PSA: ERE que afecta a 84 de los 94 trabajadores
- Faurecia Asientos de Galicia ax. de PSA: manten a posibilidade dun ERE que afectaría a 394 traballadoras/es.
- Grupo Antolin ax. de PSA: ERE ata o 2013 que afectaría a 104 operarias/os. As/os traballadoras/es denuncian a deslocalización de parte da producción a Portugal, o que conlevaría 16 despidos.
- Plastic Omnium: ERE para 203 traballadoras/es
Medio centenar de regulacions de emprego - ERE's - no naval vigues, que afectan a 1.500 traballadoras/es, entre os que se atopan as plantillas dos principais asteleiros como: Barreras, Vulcano o Rodman.
En Xaneiro do 2011, 35 empresas do área de Vigo presentaron un Expedientes de Regulación de Empleo (ERE) de carácter temporal para un total de 350 traballadoras/es. A cifra, un mes despois prácticamente se duplicou. Según el rexistro da Consellería de Traballo correspondente o período do 1 o 23 de febrero del 2011, a cifra de empresas de Vigo, incluida a área metropolitana (O Porriño, Mos, Ponteareas, Val Miñor e O Morrazo) que solicitaron un ERE eleva-se a 50, que afectan a un colectivo de 1.022 traballadoras/es.
Durante o ano 2010, un total de 332 empresas da área de Vigo solicitaron un Expediente de Regulación de Empleo(ERE). A maioría seguen en vigor, aprobados por períodos de entre seis meses e un año. Según la estadística de Traballo, o número total de traballadoras/es enviados temporalmente o paro supera os 4.000.
lunes, 14 de marzo de 2011
Record de paradas/os
- El paro no da tregua en Galicia ni en el conjunto del Estado. La comunidad alcanzó en febrero los 248.279 desempleados
- Pontevedra, con 97.436, registró el mayor aumento intermensual (subió un 1,07% en relación a enero)
- Vigo triplica la cifra de paro de las otras seis grandes ciudades
- La ciudad viguesa tiene en este momento 30.177 paradas/os.
- Estos datos negativos no son más que los registros del inicio del año 2011, que aparentemente podría empeorar.
Ou nós organizamos ou este sistema nós abandonará na desidia e frustración de unha vida que se nos vai sen poder evita-lo.
jueves, 10 de marzo de 2011
Avante a loita obreira
Nesta primavera de 2011 conmemórase o 140 aniversario da Comuna de París, a Primeira Revolución Proletaria na época daquel capitalismo novo e ascendente na Francia imperial do sobriño de Napoleón. Aquela primeira toma do poder político por parte dos traballadores e traballadoras parisienses foi esmagada a sangue e lume, con milleiros de fusilados, pola reacción burguesa de Versalles coa conivencia do Estado Maior da nova Alemaña de Bismarck. Pese a derrota, Marx tirou como ensinanza que o proletariado non podía limitarse simplemente a tomar posesión do Estado nas súas mans, senón que, fronte á ditadura do capital, o que cumpría facer era derrubalo e erguer un poder de novo tipo, obreiro, revolucionario e autenticamente democrático: a ditadura do proletariado.
O 8 de marzo de 1908 as traballadoras da fábrica téxtil Cotton Textil Factory, en folga por demandas laborais e salariais, foron pechadas nos talleres da fábrica polo seu patrón, que prendeu lume ás instalacións, asasinando a 129 mulleres. Un crime xenocida que repetía os acontecementos doutro 8 de marzo de 1857, daquela en Nova York, coas traballadoras da Fábrica Cotton en loita contra o traballo infantil e pola xornada de 8 horas, cun balance de 146 traballadoras asasinadas pola represión. O capitalismo ascendente na etapa dos trust e do imperialismo empregaba, como sempre que o precisou para o mantemento da súa dominación, os recursos criminais da súa violencia de clase para bater contra o movemento obreiro.
O 10 de marzo de 1972, a clase obreira do eixo proletario galego de Ferrol-Vigo acada a súa plena madurez como clase, combatendo de xeito heroico polos seus intereses inmediatos ligados á loita contra a ditadura fascista da oligarquía franquista, deixando dous mortos, centos de feridos e decenas de encarcerados e represaliados. Un episodio que coincide coa crise que pon fin á última longa etapa keynesiana de desenvolvemento industrial e económico do capitalismo, tras do que se abre o período de irrupción do neoliberalismo artificioso que conducirá a crise actual. Desde aquela o proletariado galego eríxese no actor principal da loita de clases na nosa Nación, paralizando o País nas folgas xerais contra a reconversión naval e as reformas antiobreiras do pactismo social, e significándose en todos os conflitos e loitas populares.
Estes fitos márcannos hoxe, alén dos anos transcorridos. Son exemplos do que é a loita de clases e dos custes que comparten ás conquistas socias, por elementais que poidan parecer a tempo pasado. Vidas, sangue, represión, miseria, pois o capitalismo é un sistema de explotación, non un benfeitor social, e toda mellora tivo que se arrincar con impagábeis sacrificios.
A venda masiva e barata da forza de traballo das proletarias foi fundamental no proceso de acumulación capitalista no pasado. Hoxe a súa loita continúa contra a explotación e contra a opresión social que sofren como clase e como xénero e pola plena igualdade laboral e salarial, pola dignidade fronte ao acoso laboral e sexual no traballo, e na defensa da propia vida e integridade persoal contra os malos tratos e crimes de xénero. Hai sectores produtivos onde as mulleres constitúen a esmagadora maioría da clase obreira, e xogan un papel destacado nas loita do conxunto do movemento obreiro. A loita das mulleres traballadoras é unha cuestión de clase e de emancipación social, e conmemorar o 8 de marzo é reivindicar unha parte imprescindíbel da historia da nosa clase.
Tamén para a clase obreira galega este 10 de marzo ten unha significación especial. Podemos manifestar con orgullo que o proletariado galego estivo á altura da circunstancias mobilizándose no pasado 27 de xaneiro en rexeitamento da traizón consumada polos bonzos das direccións sindicais de CCOO e UGT, que actuando de dique de contención do movemento obreiro nun momento decisivo e facendo fume do seu decadente discurso socialdemócrata, vendéronse unha vez mais polas trinta moedas de Xudas da recompensa do goberno servil da oligarquía financeira. Unha recompensa á baixa, pois os plans do gran capital pasan polo cuestionamento do propio sindicalismo e do dereito laboral en si mesmo, e a ofensiva contra os dereitos sindicais e a capacidade normativa da negociación colectiva, pretendendo desregular as relacións laborais, para poder competir en salarios e produtividade cos chineses, como di con descarada claridade o Sr. Feixoo. É dicir, salarios de miseria, precariedade extensiva e despotismo patronal ilimitado legalizado.
O certo é que o capitalismo non pode artellar outros plans. A súa supervivencia pasa pola derrota incondicional do movemento obreiro e pola guerra, a agresión imperialista, e un novo reparto do pastel económico e xeopolítico mundial. O seu futuro é a depresión crónica nesta fase terminal nas décadas de agónico porvir que nos agardan. Por iso é tan importante lembrar a nosa historia proletaria, o 8 de marzo, o 10 de marzo, e neste ano moi especialmente ás e aos comunards parisienses de 1871. Pois aprendemos deles que a súa derrota foi resultado dunha batalla limitada a unha cidade, malia a solidariedade e simpatía dos traballadores europeos da época. A nosa loita presente, a da clase obreira galega, a das mulleres traballadoras, a de todo o proletariado do resto do mundo, non son loitas illadas. É o mesmo combate contra inimigos comúns, nunha conxuntura común de crise capitalista internacional. Na Galiza, xunto aos outros pobos do Estado e de Europa, imponse erguer a UNIDADE DE CLASE e de todo o pobo traballador, pola base, por riba de siglas, para levar desde as reivindicacións inmediatas de emprego, coberturas sociais e salarios dignos á REBELIÓN contra este goberno capitalista e calquera outro que nos queira impor este réxime da corrupta democracia burguesa. Esa é a nosa misión nesta guerra mundial contra o capital.
Forxa!!http://aforxa.blogspot.com/2011/03/adiante-rebelion-da-clase-obreira.html
Sindicalistas detidos
Mércores 9 de marzo
Perante a detención no día de hoxe pola Guardia Civil, dos traballadores Telmo Varela Fernández e José María Prado López, en Vigo, a CUT quere facer pública a súa posición.
Primeiro: Hoxe, mércores 9 de marzo, foron detidos os compañeiros Telmo Varela Fernández e José María Prado López, ámbolos dous militantes deste sindicato e traballadores do Sector Naval de Vigo. Independentemente de que descoñecemos a razón técnica pola cal se procedeu ás detencións, para este sindicato está claro que se trata dunha redada represiva máis contra os traballadores e traballadoras, destinada a coartar a loita sindical coherente nunha conxuntura de fame e desemprego como a actual na persoa de dous compañeiros que se teñen destacado pola súa entrega na defensa dos dereitos dos traballadores.
Segundo: En previsión de calquera intoxicación ou fabulación que poida ser subministrada polos responsables destas detencións e que poidan facerse eco inmoral en calquera medio voceiro do réxime, queremos subliñar que a actividade destes compañeiros circunscríbese á loita sindical do Sector Naval en Vigo. Reiterar que calquera outra especulación está destinada a lexitimar as imputacións policiais para a condena dos traballadores detidos.
Executiva Comarcal da CUT
sábado, 5 de marzo de 2011
UNIDADE OBREIRA. DIVISIÓN SINDICAL
Sen olvidar que as/os paradas/os tamen somos trabalhadoras/es, inda que pareza que os sindicatos se olviden de nós, inda que non podamos estar nas fábricas loitando, inda que nestes duros tempos nin sequera estemos en ningun sindicato,.. a pesar de todo isto, tamen somos trabalhadoras/es, somos mao de obra sobrante, as/os paradas/os somos as/os que máis sofremos esta crisis e a ofensiva da patronal que estamos a viver.
Aclarado isto, podemos analizar os acontecementos recentes e comprobar como a UNIDADE OBREIRA EXISTE.
Folga xeral do 29-S, nesta covocaron todos os sindicatos, inda que logo se manifestasen por separado. CCOO e UGT por un lado. CIG por outro. CUT e CGT por outro. E CNT por outro.
Mais, analicemos os feitos. 1º O seguimento da folga estivo perto do 90% por cento, a máis alta de todo o estado (excepto os bascos que xa a convocaran 3meses antes). Isto demostra a gran conciencia e combatividade do movemento obreiro galego. 2ºA solidaridade entre as/os obreiras/os estivo presente, a pesar de que as élites sindicais (ou dirixentes sindicais) facían todo o posibel para dividir: dividir as manifestacións, dividir os piquetes,..etc.
Folga Xeral Nacional 27-X. Convocada en primeiro lugar pola CIG, a que se uniron CUT, CGT e CNT. e rechazada polos sindicatos estatais.
Analise:1ºA traizón de CCOO e UGT facendo propaganda en contra. 2ºInda con esta propaganda en contra, o 27-X se demostrou a unidade da clase obreira galega cando se observaban piquetes con persoas de estes dous sindicatos.
A CLASE OBREIRA GALEGA ESTÁ UNIDA, OS DIRIXENTES SINDICAIS NON. Na prática, nos momentos duros, a clase obreira galega demostrou que é quen de superar as súas diferenzas e avanzar na loita unida contra o capital.
Desde a transición, cos pactos da moncloa CCOO e UGT iniciaron un camiño de colaboración co réxime, con traicións, coa depolitización do movemento obreiro, desmoralizando e reducindo as/os trabalhadoras/os a impotencia. Esta capa dirixente se afastou dos intereses de clase e é un intrumento máis, co seu reformismo, da oligarquia capitalista para eternizar a esclavitude asalariada das/os trabalhadoras/os.
En canto a CIG, os seus dirixentes, tamen teran que decidir se estan na vangarda da unidade e da loita da clase obreira galega ou prefiren ser un lastre nese caminho hacia un movemento obreiro forte, unido e combativo.
Pola unidade da clase obreira!!
martes, 1 de marzo de 2011
Atualidade laboral
O fin, a xuventude desesperada, sen esperanza por non ver un futuro, acaba na desidia, no descontento, nas depresións,...
Ou algun outro, con un sentimente parte impotencia parte rabia, como pode ser o Companheiro Miguel. Un rapaz moi alegre, moi novo tamen; agora está ingresado na Lama (consultar web's de Ceivar www.ceivar.org ou da CUT www.cutgalicia.org). A policía o foi deter a casa acusando-o sen probas da sabotaxe a o Inem de Coia.
A desesperación da xuventude, leva as/os nosas/os companheirxs a este tipo de cousas. Cando non se ven obrigados a delinquir para poder comer. Ou o peor, que caian nas drogas.
Ademais de outros rapaces que tampouco aguantaron e intentaron sabataxes contra bancos ou inmobiliarias(dous elementos mais que xogan co pan das/os trabalhadores/as, os bancos nos rouban abertamente e as inmobiliarias especulan co noso dereito básico a unha vivenda digna). Póde-se consultar este casos na web de ceivar.
Unamo-nos na loita por unha sociedade xusta. Paremos a ofensiva do capital. Os ricos seguen a aumentar os seus ingresos mentres a maior parte da sociedade, a as/os currantes nos rouban calquera posibilidade de buscar-nos a vida. Nos rouban toda ilusión de contruir unha vida propia.
A ofensiva da patronal vai seguir e só UNIDOS poderemos para-la.
Adiante a nosa loita